El artista cubano reunió en el Coliseum a más de 7.000 personas diez años después de su última visita
20/09/2026 04:39
El artista cubano Silvio Rodríguez, ayer, en el Coliseum patricia g. fraga
Bajo los versos a guitarra y las letras profundas de Silvio Rodríguez no solo se esconde un cantautor lleno de talento que marcó –y todavía marca– a varias generaciones de hispanohablantes,también una introspección personal y un existencialismo social y, por supuesto, revolucionario,capaz de cautivar hasta a los que se consideran poco románticos allá donde vaya. Ayer, en A Coruña, al cubano solo le bastó un micrófono y una guitarra para enamorar a los presentes con la música de los recuerdos y la libertad.
Puntual a su cita, el artista cofundador a finales de los 60 de la Nueva Trova Cubana, deleitó con más de dos horas de concierto a unas 7.000 personas que en cuestión de horas agotaron las localidades del multiusos herculino en su vuelta a la ciudad, diez años después de su última visita. En su reencuentro con el público gallego, el cantautor, después de casi seis décadas de trayectoria, sigue buscando nuevas formas de decir. Prueba de ello es la reciente colaboración con la cantante Uxía en ‘O teu nome é bandeira’,un homenaje a Begoña Caamaño.
Las dedicatorias
Y, como de homenajes iba la cosa, Silvio Rodríguez tan solo tuvo tiempo de contar rápidamente la ‘Historia de las sillas’ para leer un fragmento de un poema de José Martí, “el apóstol de la libertad de Cuba”. Lo que provocó el furor de muchos de los asistentes, quienes no tardaron en entonar el primer “¡Viva Cuba!”. Aunque el primer aplauso coordinado –y posteriormente cantado a capella– se lo llevó ‘Sueño con serpientes’,una metáfora de aquellos desafíos o vicios que el individuo se ve obligado a afrontar en su vida cotidiana.
‘Virgen de occidente’, ‘Viene la cosa’ y ‘En cuál de esos planetas’ fueron los siguientes temas que entonó el cantautor, antes de la segunda dedicatoria de la noche: ‘Más porvenir’. “Esta canción está dedicada a dos personas extraordinarias: Pepe Mujica, y su compañera, Lucía Topolansky. Está basada en cosas que él decía y en actitudes de él que me marcaron”, apuntó. Con el tercer homenaje de la noche, llegó el ecuador del concierto. Esta vez, el cantautor se levantó para interpretar ‘La belleza’, de Luis Eduardo Aute, todo un himno de la poesía iberoamericana y una crítica a la violencia y el poder. En su primer verso, “enemigo de la guerra…”, Silvio Rodríguez provocó el paroxismo colectivo de los más fanáticos y, sobre todo, de aquellos cubanos presentes inundados por la nostalgia de su tierra natal que Silvio lleva tatuada allá donde canta.
El tono político del cubano se trasmitió rápidamente al público, quienes, después de la lectura de un fragmento del poema ‘Halt!’, de Luis Rogelio Nogueras, corearon “Palestina vencerá”
con muchas de las banderas presentes en alto. Con ‘Venga la esperanza’,los presentes ya sabían que se acercaba el final. Pero todavía faltaba el tradicional e indispensable ‘Ojalá’. Y, a decir verdad, seguro que fueron muchos los que pensaron que ojalá no vuelva a tardar diez años en regresar a A Coruña, una ciudad a la que fue capaz de entregar una canción ‘Por quien merece amor’.
Silvio Rodríguez encheu o Coliseum da Coruña nun histórico concerto coa mirada no futuro

“Quero dedicar este concerto a unha amiga, Begoña Caamaño”. Así comezou Silvio Rodríguez o seu único concerto deste 2026 na Galiza, unhas palabras que emocionaron un público entregado e que unen o emblemático cantor cubano coa xornalista, escritora e activista honrada este ano co Día das Letras Galegas, tributo ao que se sumou Silvio uns días antes da actuación presentando en redes a canción 'O teu nome é bandeira', primeiro tema de Silvio, cantando en galego xunto a Uxía.
Cun Coliseum da Coruña ateigado -as entradas levaban semanas esgotadas- e ante unhas 10.000 persoas chegadas de múltiples puntos da Galiza e de fóra -de Portugal, de Castela, das Illas Canarias...-, os primeiros acordes de 'Historia de las sillas' fixeron levantar a pista e as gradarías do auditorio cunha grande ovación acompañada de berros de "Cuba vencerá" e bandeiras da Galiza, Cuba e Palestina erguidas polos asistentes.
Comezou así a actuación por un dos seus temas máis recentes pois, como xa avanzara a organización da xira, a noite deste sábado 19 de setembro non ía ser "unha mirada nostálxica" cara ao repertorio que teceu ao longo de 59 anos sobre os escenarios, senón un concerto baseado na "convivencia entre pasado e presente". O músico cubano agradeceu a calor do público e pasou a adentralo na figura de José Martí, a quen definiu como “o apóstolo da liberdade de Cuba”, e na súa memoria escolleu un fragmento do ensaio de Martí titulado 'Maestros ambulantes' e leu uns versos en defensa da paz, da vida e da liberación incluídos nesta obra: “Ser bueno es el único modo de ser dichoso. Ser culto es el único modo de ser libre. Pero, en lo común de la naturaleza humana, se necesita ser próspero para ser bueno”. E, de seguido, chegou 'Ala de colibrí' e 'Noche sin fin y mar' e soou un dos temas máis emblemáticos, 'Sueño con serpientes', coreado por todo o Coliseum, e 'Virgen de occidente', coa súa forte mensaxe antiimperialista na súa letra: "Vino con todos sus ungüentos, vino fingiendo ser la luz, vino con átomos sangrientos, vino demócrata y con cruz".
As novas composicións conviviron coas cancións fundamentais da súa traxectoria, nunha proposta que mantivo vivo o diálogo entre o artista que escribiu algunhas das páxinas máis recoñecíbeis da canción de autor e o creador que segue escribindo. Nese sentido, presentou 'Viene la cosa', canción que, confesou ao Coliseum, naceu hai 10 anos cando soubo que un barbeiro da Habana vella colgara un letreiro que puña 'prohibido hablar de la cosa'. E explicou ao público, “la cosa é a situación”. “Pasaron tantas cosas desde entón que en vez de pensar viene la cosa, penso que vino la cosa". E cantou “Viene la cosa, por más que sea injusta y ofenda, viene la cosa a exhibir desparpajo total. Viene la cosa, invocando lo que le convenga, porque ha pasado de moda la noble moral”.
Na noite do Coliseum estivo acompañado sobre o escenario pola clarinetista e frautista Niurka González -a súa esposa-, Malva Rodríguez, Rachid López, Maykel Elizarde, Jorge Reyes, Emilio Vega, Jorge Aragón e o percusionista Oliver Valdés, músicos cos que deu forma a "un concerto construído desde a palabra, a precisión musical e esa emoción contida que atravesa boa parte da súa obra".
E así, cunha melodía coidada e a palabra precisa en cada momento, chegaron máis agardados temas polo público: 'Nuestro después', 'En cuál de esos planetas', 'Me acosa el cara pálida' e 'Más porvenir', dedicado este último “a unha persoa extraordinaria de América e do mundo”, dixo, para nomear o guerrilleiro e ex presidente do Uruguai Pepe Mújica, ao igual que extrarodinaria é a súa muller, sinalou, Lucía Topolansky, histórica militante de Tupamaros, presa política e ex vicepresidenta uruguaia.
Seguiu o concerto con 'A donde van', 'La belleza', 'Eva' -a Eva que non quere ser para Adán-, 'Quién fuera', 'Escaramujo', 'Pequeña serenata diurna', 'Canción del elegido' e, a continuación, deu paso á lectura dun fragmento do poema 'Halt' ('Alto', en alemán) de Luis Rogelio Nogueras, “o mellor poeta cubano da miña xeración”, apostilou. Foi escrito en Auschwitz, Cracovia, en 1979, denunciando o holocausto. “Recorro el camino que recorrieron cuatro millones de espectros / Bajo mis botas, en la mustia, helada tarde de otoño / cruje dolorosamente la grava / Es Auschwitz, la fábrica de horror / que la locura humana erigió / a la gloria de la muerte. / Es Auschwitz, estigma en el rostro sufrido de nuestra época. / (...) / pienso en ustedes, judíos de Jerusalén y Jericó, / pienso en ustedes, hombres de la tierra de Sión, / que estupefactos, desnudos, ateridos / cantaron la hatikvah en las cámaras de gas; / (...) / Pienso en ustedes y no acierto a comprender / cómo olvidaron tan pronto / el vaho del infierno". E engadiu Silvio a cita: “La artillería israelí sigue cañoneando campamentos de refugiados palestinos en el Sur del Líbano”.
O público púxose en pé e berrou en coro “Palestina vencerá”. Seguiu un dos momentos máis emotivos con 'La era está pariendo un corazón', 'El necio', 'Venga la esperanza' e por fin un dos temas máis esperados, 'Ojalá'. Tras un grande e longo aplauso e retirarse do escenario voltou para pór o ramo e despedir así A Coruña con 'Por quién merece amor' e 'El reparador de sueños' que di como “Siempre llega el enanito, con sus herramientas de aflojar los odios y apretar amores”. Rematou o concerto ás 23.05, dúas horas dunha actuación que perdurará na memoria da cidade.
Hai un ano, a directora editorial de Sermos Galiza, María Obelleiro, preguntaba nunha entrevista publicada no semanario se había na axenda do cantor “algún concerto na Galiza nos próximos tempos”, ao que respondía “Bon, ultimamente, ninguén me convidou á Galiza”. Concluía a conversa Obelleiro pedindo “que os programadores e programadoras tomen nota, que o agardamos cos brazos abertos”. E así foi. Silvio deixou na Coruña un concerto emblemático tras 15 anos sen actuar na Galiza.
O presente en Cuba
Ante as ameazas do Goberno dos Estados Unidos a Cuba e o endurecemento do bloqueo económico para asfixiar a illa, Silvio Rodríguez protagonizou recentemente un chamado a defender Cuba. En marzo deste ano, o Ministerio das Forzas Armadas Revolucionarias de Cuba outorgou unha réplica AKM e un fusil AKM de combate ao músico como “xusto recoñecemento á súa patriótica disposición de empuñar as armas para defender a Patria”. Días antes, Rodríguez exixía no seu blog persoal “a miña AKM, se se lanzan. E conste que o digo moi serio”. Unha palabras que viñan despois de que o presidente cubano, Miguel Díaz-Canel, advertise Donald Trump de que “calquera agresor externo chocará en Cuba cunha resistencia inexpugnábel”, nun momento en que o bloqueo estadounidense sobre a illa está en escalada e que as ameazas de Trump a intensificación desta son cada vez maiores.
Durante a entrega, na que participou o propio presidente cubano, Rodríguez emulou a súa histórica canción 'Fusil Contra Fusil' (1978), na que o cantautor reivindica a revolución cubana, denunciando o bloqueo a Cuba. “Todo o mundo vai enterrar a súa dor/ con granito de chumbo farán o seu burato de olor, a súa canción/ Deixarán o corpo da vida alí/ O seu nome e apelido son/ Fusil contra fusil!”.
Antes do concerto, Escuchando Elefantes
Antes de Silvio subir ao escenario, o Coliseum acolleu o concerto de Escuchando Elefantes. O grupo coruñés formado por Silvia Rábade e Carlos Tajes sinalou a ilusión de preceder a entrada de Silvio no Coliseum. “Silvio acompáñame desde o meu nacemento”, explicou Silvia cara ao remate da súa actuación, pois os pais puxéronlle o seu nome ao seren seguidores do cantor cubano






No hay comentarios:
Publicar un comentario